INSCRIPCIONS INFANTILES.

O mesmo día da carreira na liña de Saida - Meta ata 10 minutos antes do comezo das carreiras.

Organizadores da:

VI Carreira popular das praias



BASES “VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”
 
 
ORGANIZA: Peña Barcelonista San Miguel 

COLABORA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Actiboot – Casa Elena Turismo Rural-Taxi Valea - Pinturas Centeno - Concello de Barreiros - Agrupación Protección Civil de Barreiros - Deputación de Lugo

DATA: 17 de xuño de 2018 HORA: 11.15 H. Probas infantiles – 12.30 H. Proba adultos

LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría do Masma.

SAIDA ADULTOS: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.

CHEGADA ADULTOS: Diante do Hotel Ría do Masma

CARREIRAS INFANTILES: En praia de Altar

RECOLLICA DE DORSALES: Hotel Ría do Masma (zona meta)

CRONOMETRAXE: Adultos con chip a través da empresa Galitiming 
 
INSCRIPCIÓNS: Inscripción e información a través da web www.carreiradaspraias.galitiming.com e www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com 

Adultos: 5 €. O prazo remata o día 13 de xuño Tfnos: 649 571 360 Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, e-mail.

Recollida de dorsais: Día da carreira ata 30 minutos antes da carreira na mesa adicada a tal fin diante do Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo.

 

Nenos ata cadete inscripción gratuita o mesmo día da proba ata 10 minutos antes das mesmas.

 
CATEGORIAS E DISTANCIAS:

- PITUFOS: NADOS 2014 - 2018 / 100 m.

– Carreira non competitiva

- PREBENXAMIN: 2011- 2013/ 200 m.

– Carreira non competitiva

- BENXAMIN: 2009 – 2010 / 400 m. 

- ALEVIN: 2007 – 2008 / 800 m. 

- INFANTIL: 2005 - 2006  / 1.200 m.

- CADETE: 2001- 2004 / 2.000 m. 
 
CATEGORIAS ADULTOS – 10 KM

- ALTAR: 1983 – 2000

- LONGARA: 1973 – 1982 

- AS PASADAS: 1963 – 1972 

- AREALONGA: NACIDOS ANTES DE 1963 
 
PREMIOS:

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino. Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino. A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento ós participantes.

Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
 
PERCORRIDOS:

Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das categorías.
 
Adultos. Saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La yenka) e a chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma. 
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira. Con este novo percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo que fai esta carreira especial.
 
 
VARIOS: A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o desprazamento dende a zona de meta á zona de saida. O servizo de autobuses empezará ás 11.15 h e remata ás 12.10 h. A organización entregará ós participantes unha mochila co seu número de dorsal para que a usense se así o desexan para mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida ata a meta. Estas bolsas entregaranse a un responsable da organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua chegada, identificándose co dorsal. Haberá servizo de duchas na zona de meta.

Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.

Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos. Os participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto dará lugar á descalificación do infractor.  Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de acción que a organización considere inapropiadas. Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer. A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.

Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.

Os circuitos poderanse consultar na web da carreira.

Patrocinan