A Carreira popular das praias está incluida no circuito + Kms Barreiros

ORGANIZA

COORGANIZA

PATROCINADORES

COLABORA

¿Cómo naceu a idea?

Dous veciños de Barreiros, Suso do Moderno, "O Marqués" e "Jose de Presenta", "o presidente da Peña Barcelonista San Miguel", coincidiron nunha andaina po-las praias dee Barreiros.

Falando entre os dous, comentaron a idea de ¿Porqué non facer unha carreira po-las praias?

O Marqués, que como el non corre, quería facer un medio maratón (21 km.), dende Punta Anguieira ata o remate da praia de Arealonga, ida e volta. Jose que estaba un pouco máis das carreiras populares, díxolle que con esa distancia, íase limitar moito o número de participantes, que era mellor da-la volta antes.

Así acordaron face-la primeira carreira cunha distancia de 11 km., dende Punta Anguieira ata o remate da Praia de Lóngara, ida e volta e todo po-la area.

En dous días se decidiu a data, 12 de maio de 2013, a partira das 11 h. para nenos e 12.30 h. para adultos, empezouse a publicar nos círculos do atletismo popular e a buscar patrocinadores.

A idea desta proba naceu coa intención de xuntar o deporte co pracer e de dar a coñecer algo máis o Concello de Barreiros. A ilusión de conseguir que esta carreira se convirta nun referente do atletismo popular pasou po-las suas cabezas, pero o principal era que Barreiros contase cunha carreira propia. 

Dende aquela ademáis de "O Marqués" e "Jose de Presenta", involúcranse máis membros da peña barcelonista San Miguel (Xoel, Suso e outros socios) outras empresas se foron unindo ós organizadores, como Casa Elena turismo Rural, Pinturas Centeno, ademáis de particulares como Mario do Culto, Iván Labrada, Valea Taxi, Agustín e moitos colaboradores.

Na edición 2016, cumpriuse o "soño" do Marqués, que a carreira chegara ata a praia de Arealonga, percorrendo así todo o litoral marítimo do Concello de Barreiros, coa XL de 17 km.

Dende o ano 2017 e na actualidade, hai un novo percorrido para as categorías de adultos, con saida na praia de Arealonga e remate na de Altar, percorrendo así a totalidade das fermosas praias de mar do Concello de Barreiros (lembramos que hai outra praia pero neste caso de ría).

Un auténtico pracer poder practicar o deporte que nos guste neste maravilloso paraiso natural.

Patrocinan